Saltar ao contido

Manuel Pombo Arias

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaManuel Pombo Arias

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1 de maio de 1943 Editar o valor en Wikidata (81 anos)
A Pena, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmédico, escritor Editar o valor en Wikidata
Familia
FillosAlejandra Pombo Editar o valor en Wikidata

BNE: XX991436 AELG: 600

Manuel Arturo Pombo Arias, nado na Pena (Sarria) o 1 de maio de 1943, é un médico e escritor galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Doutor en Medicina e Cirurxía pola Universidade de Santiago de Compostela (1968). Especialista en pediatría e en endocrinoloxía e nutrición. Ampliou estudos en centros españois e estranxeiros. Profesor visitante no Hospital de Nenos de Columbus, Ohio (Estados Unidos) e no Instituto Nacional da Saúde dos Estados Unidos, Bethesda.

Catedrático de Pediatría (1993). Foi Xefe de Servizo de Pediatría e Director da Unidade de Endocrinoloxía Pediátrica, Crecemento e Adolescencia do Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela. Foi Director do Departamento de Pediatría da USC. Na actualidade é profesor Ad Honorem desta Universidade.

É autor dun Tratado de Endocrinoloxía Pediátrica de ampla difusión internacional. Publicou trescentos traballos científicos, a maioría nas revistas máis importantes a nivel internacional. Entre eles cabe destacar dous nos que se identifican novas entidades sindrómicas en patoloxía humana.[1][2] É autor de case cen capítulos en libros de medicina. Pronunciou máis de duascentas conferencias.

Acuñou o termo "codipra", no que se engloban as principais calidades que debe reunir un bo estudante de Medicina e co que trata de fomentar o espírito crítico entre os futuros médicos que se forman na USC: coñecedor (c), observador (o), desconfiado (d), inglés (i) e práctica (pra).

Desenvolveu a súa afección pola literatura a partir do maio do 68, con implicacións no movemento estudantil da época que estiveron a piques de custarlle a carreira. Foi o responsable e presentador do mítico Concerto de Voces Ceibes celebrado na Facultade de Medicina o 26 de abril de 1968. É autor dunha variada obra literaria, que abarca libros de poesía, pensamento e relatos. Colaborou ocasionalmente na prensa.

Literatura

[editar | editar a fonte]

En castelán

[editar | editar a fonte]
  • Haikus de los escritores muertos (2001, Antonio Lenguas)
  • Pomberías (2003, Calima Ediciones)
  • El centeno nace bajo el invierno (2005, Huerga y Fierro Editores)
  • Trazos sin rumbo (2006, Huerga y Fierro Editores)
  • Nuevas Pomberías (2008, Huerga y Fierro Editores)
  • Cuentos Propios y Extraños (2011, Ézaro Ediciones)
  • El hombre que no entendía a las mujeres (2016, Ézaro Ediciones)

En galego

[editar | editar a fonte]

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]
  • Membro fundador e socio de honra da Sociedade Española de Endocrinoloxía Pediátrica, que presidiu de 1982 a 1984.
  • Foi vicepresidente da Asociación Española de Pediatría, da que é socio de honra.
  • Socio de Honra e Insignia de Ouro da Sociedade de Pediatría de Galicia.
  • Foi nomeado "Galego do Ano" en 2014 polo Grupo El Correo Gallego.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]